domingo, 14 de septiembre de 2008

HISTORIA DO TEATRO AFECCIONADO NA MARIÑA LUCENSE


Certamente a Mariña Luguesa é terra aberta; aberta ás ideas, abertas as xuntanzas,.
Á Mariña convén entendela. Os seus aires de mar sementan recordos na terra e cos recordos escribímo-la historia dos pobos, das vilas e aldeas, a historia das verbas, do esforzo xigante, da xente que espera, das bágoas e festas, de todo aquilo que á alma alimenta e un pobo agradece si se garda “in memoriam” para que non esmoreza.

Coa excusa do noso décimo aniversario, o noso director Francisco Piñeiro pretende sacar adiante un libro no que leva tempo traballando: A HISTORIA DO TEATRO AFECCIONADO NA MARIÑA LUCENSE.
Contribuir a mingua-lo esquecemento é o principal obxectivo deste traballo; intentar rescatar das gadoupas dos tempos murchos aqueles esforzos escénicos dos mariñáns que, con moita imaxinación, moito ánimo e poucos recursos foron capaces de consolidar ese soño colectivo que é o teatro porque “un a un somos mortais, pero xuntos somos eternos”
Estas páxinas tamén serán un froito colectivo. Páxinas escritas pola amizade e o altruísmo de moitos colaboradores espallados dentro e fóra das fronteiras dese escenario azul e verde que conforman o mar coas serras do Xistral e da Corda. Para todos eles vai por diante o máis sinceiro agradecemento. Xuntos entendemos que o teatro reflicte a imaxe dos pobos, que un pobo sen teatro é un pobo sen verdade. Falamos do teatro, sen adxectivos, sen comparacións, daquel que agroma inxenuo, namorado, sen pretensión de méritos nin medallas; aquel que á maioría dos “entendidos” non lles cadra na súa vara de medir por ter esquecido o que Lope de Vega deixou dito: “ ..el pueblo es el único que dicta las leyes del teatro”.. porque “..el teatro es un instrumento robado al pueblo”, confirmou García Lorca, e ..”.. todo o que conecte co pobo ten dinidade”…según Blanco Amor.
Por todo elo , entendemos que a súa historia ben merece que non se perda.

E para que non quede nigún esforzo sen relatar queremos pidir desde este blog a colaboración de todos os que saiban de algo referente o teatro que se fixo ou que oiu. Agradeceriamos que se puxeran en contacto con nós, a través do correo franpigon@hotmail.com ou dos teléfonos que están á marxe. Moi agradecidos

domingo, 24 de agosto de 2008

EXPRESS-arte 2008

A primeira edicion de Express-arte foi da man das VIII Veladas de teatro e cumpriu os seus obxectivos: abrir unha xaneliña para asomar inquedanzas artísticas
As actuacións foron seleccionadas baixo dous criterios: a lembranza dos ex-membros do grupo "O Bordelo", no seu décimo ano, e as oportunidades ós artistas locais

O mércores representaron "Apertas de airío": Rubén Fernández, Carmen Polo, Santiago Alvarez e Pilar Rodríguez. O día 31 ,emocionou ó público o cantautor Ramiro Chaves















O venres,día 1 de agosto, por mor de problemas coa voz non puido actuar Luis Rodríguez para lembrarnos a Pucho Boedo e nunha improvisación de Juan José Pardo coa súa filla Ainoa resolvémola situación

O día 2, sábado, Mª Luján Ramos Ben, Ramón Luis Bernardo Insua e Antón-Xosé Díaz Valle reestrenaron "Saloucos" a peza embrionaria do grupo "O Bordelo" ,no contexto do asunto "Cason".






E por último, o domingo, Juan José Pardo e a súa filla Ainoa , como ex- membros do Bordelo puxeron en escena "O diploma".

A idea de EXPRESS- arte foi aplaudida e queda sementada .








Grazas a todos!


O domingo , dia 3 de agosto, remataron as VIII Veladas de Teatro no Souto. Foron cinco noites nas que o pobo de Cervo , xunto a moitos amantes do teatro afeccionado chegados, adrede , dende distintos lugares da provincia , deron unha lección de participación e respecto polo traballo dos grupos participantes, os cales corresponderon cunha entrega admirable.

Cunha participación dun promedio de máis de catrocentas personas diarias ,as Veladas de Teatro no Souto despuntan coma unha das ofertas culturais a elexir nas noites de agosto da Mariña Lucense.

"A beleza do lugar, a acústica, a participación e o respecto polo teatro confluen aquí" afirmou Manuel Lourenzo , quen nos visitou por sorpresa e a súa compaña foi un dos mellores agasallos para o grupo de teatro " O Bordelo" no seu décimo aniversario.

Moitas grazas a todos.



viernes, 11 de julio de 2008

VIII Veladas de Teatro no Souto



Os días 30 e 31 de xullo e os días 1, 2, e 3 de Agosto deste ano 2008 celebraremos as VIII Veladas de teatro na Praza do Souto en Cervo. Este ano , por ser o décimo aniversario do grupo organizador "O Bordelo" teremos dúas novidades: haberá cinco días e completaremo-la programación coa primeira edición de EXPRESS-arte.


A programación , coma tódolos anos, ríxese pola diversidade e pola non repetición de grupos; virán de Vigo, "Atlántida-Matamá" ;de Melide , "Charamela"; da nosa comarca da Mariña: "Raiolas" de Alfoz ; do noso Concello "Ardora" e pechará o grupo anfitrión "O Bordelo".

lunes, 23 de junio de 2008

EXPRESS -arte 2008


No ano do seu décimo aniversario, o grupo de teatro O Bordelo, coñecedor das dificultades e das poucas oportunidades que atopan na Mariña aquelas personas creativas para dar a coñecer os seus traballos ,decidiu abrir unha pequena ventá chamada EXPRESS-arte que se rexirá polas seguintes BASES:
1.- Poderán participar de xeito individual ou colectivo
aquelas personas que desexen amosar o seu traballo
artístico-creativo.
2.- O tempo máximo concedido será de 15 minutos.
3.- As actuacións serán os días 30 e 31 de Xullo e os días 1
2 e 3 de Agosto na Praza do Souto de Cervo, no
escenario habilitado para as VIII VELADAS NO
SOUTO, antes das representacións teatrais establecidas.
4.- Para inscribirse : chamar os teléfonos de contacto deste
blog ou escribir un e-mail a: franpigon@gmail.com
5.- Existirá unha comisión encargada de seleccionar os
espectáculos.
6.- A organización encárgarase dos preparativos necesarios .

miércoles, 4 de junio de 2008

VIDEO X ANIVERSARIO

jueves, 22 de mayo de 2008

Exposición "X Aniversario"


O venres, día 16 de Maio de 2008, ás oito da tarde o grupo de teatro "O Bordelo" cumpriu os dez anos de andaina escénica. Con tal motivo todolos seus actores , colaboradores, medios de comunicación e autoridades foron convidados a un viño galego no Caseto de Copa, en Cervo.

Aproveitando a ocasión inaugurouse a exposición conmemorativa do décimo aniversario composta de fotografías, programas de man e a proxección dunha presentación audiovisual coa que se fixo repaso de tódalas obras realizadas.

Esta xuntanza serviu para agradece- lo esforzo de tódolos convidados, o apoio recibido dos responsables do seu berce, o Auditorio de Sargadelos, o de tódolos veciños de Cervo ,e sobor de todo ós moitos seguidores que teñen por onde queira de vaian.
Moitas grazas.