miércoles, 4 de junio de 2008

VIDEO X ANIVERSARIO

1 comentario:

Monteverde dijo...

«O grupo teatral O Bordelo está tendo moito éxito nas actuacións»
Fecha de publicación: LA VOZ DE GALICIA
23/8/2008

Dende a súa creación, os socios que forman parte de Airiños do Xunco sempre tiveron proxectos en mente para difundir a cultura e as tradicións cervenses. Como afirma Rafael Blas, o seu actual presidente, «a asociación sempre pretende innovar e realizar actividades novas. Algunhas lévanse a cabo con éxito, outras fanse pero quedan no olvido, e outras que nin sequera se chegan a facer».

A creación del grupo de teatro afeccionado O Bordelo é, sen dúbida algunha, uno dos seus grandes e triunfais proxectos. Con dez años xa de existencia, este conxunto non fai más que colleitar éxitos por onde queira que vai. «A verdade é que O Bordelo está tendo moito éxito nas súas actuacións» comenta Blas, quen ademais afirma orgulloso que «realizan arredor duns sesenta espectáculos por ano, e están a triunfar tanto en Galicia como na zona de Asturias».