martes, 21 de abril de 2009

Premio " IX Ciclo Domingos a Escena " Caranza, Ferrol


Outra vez estamos de noraboa! O público agradece o noso teatro e fainos merecedor doutro premio. Neste caso outorgounos o primeiro posto entre os 27 compañías de teatro que participaron no “IX Ciclo Domingos a Escena” dende o 21 de septembro do 2008 ata o 19 de Abril do 2009, no Centro Cívico de Caranza , en Ferrol, coordinado por Max Teatro e co patrocinio do Concello de Ferrol , Diputación Provincial da Coruña e da Xunta de Galicia.
Un total de 5800 espectadores , cunha media de 216 por sesión , presenciaron pezas de Arniches, Woody Allen, Shakespeare,Mihura, Roberto Vidal Bolaño e Manuel Lourenzo, entre outros , escenificadas por grupos escollidos nas catro provincias galegas.
Nós representamos o día 22 de Marzo a súa peza “R.I.P. Marandaina” ,orixinal do noso director Francisco Piñeiro, pola que recibimos a maior puntuación outorgada polo público nas votacións que se realizaron ó remate de cada sesión.
O premio consistente en 1500 euros en metálico vén acompañado da oportunidade de representar a obra vencedora no Teatro Jofre de Ferrol , acto que terá lugar o vindeiro 10 de Maio.
O cadro de actores de “O Bordelo” formado por Mª Paz Rodríguez Silva, Dolores Viamonte Rey, Antonio González-Patoso, Xosé Vicente Mon Canoura, Xosé Manuel González-Copa e Francisco Piñeiro recibirá con satisfación este galardón que desexa compartir con todos cantos apoiaron os seus traballos nos once anos de existencia do grupo O Bordelo. Grazas a todos.

1 comentario:

teatro O BORDELO dijo...

A fotografía insertada nesta entrada é orixinal de
http://domingosaescena.blogspot.com/, excelente blog onde se pode consultar todo o referente o Ciclo e aprender moito do mérito organizador de Yuyi Bastida e os seus colaboradores. Grazas a todos.